
Fátima Ameneiro recibe o recoñecemento da FGA coma deportista galega Campiona de España.
A copiloto fenesa, Fátima Ameneiro, recibeu esta pasada fin de semana na Gala do automobilismo 2012 o recoñecemento por parte da Federación Galega pola súa victoria no Trofeo de España de Copilotos Femininas.
O equipo EVILSCRATCH, leva estando presente e sendo galardoado polos seus éxitos deportivos na gala da Federación de maneira ininterrumpida nas 5 últimas edicións, e nesta 6ª , Fátima Ameneiro recibeu un trofeo, como deportista galega de automobilismo Campiona de España de Copilotos Femininas. Este galardón, pecha unha tempada chea de éxitos, na que o equipo fenés deu un paso na súa carreira deportiva e conseguiu este título no Campionato de España no seu primeiro ano de participación, mostrando un gran progreso deportivo con perseverancia e superación.
Dende o equipo EVILSCRATCH, queremos agradecerlle á Federación Galega de Automobilismo este galardon polo que voltaremos a loitar durante a tempada 2012. Agradecendo de anteman a difusión desta nova, reciba unha fonda aperta.









